Produciuse un erro neste gadget

16.10.11

pro-nometizaxe

gosto de vivir na gramática dos sentimentos, sostendo a fugacidade nas mans. 


eu, pirómana. 
eu, políticamente incorrecta. 
eu, vertixe ós pés na terra. 
eu, caotismo neutral. 


gardo nunha caixa de papel a evolución, 
35g de naftalina e recortes dos xornais do 94. 

conservo palabras en formol. 
e conservo a súa fodida esencia; 
a del. 

morte na insurreción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario