29.10.11

dexeneración da prudencia, negabas


agora é
cando ti caes
e eu emprego a xiz da cor amarela
para debuxar baixo a cama
o límite da auga que choveu en outono.

para debuxar
os unicornios.


16.10.11

unha vez


pechar os ollos.

intentar ser paciente será a fórmula para facer das bágoas esperanza.

mundo,
escala cromática
e melancolía afíns
fronte a non-carencia do mañá.

coma Dublín,
no pasado da nosa música.

prevalece a unión da mesma,
ambos semellamos atopar o motivo
dunha escusa máis ca necesaria
para a nova liña que nos define.

xuntos.
separados.
sentimento de escepticismo que nos dá nome.

que se...?

*

é  a posibilidade da renuncia o que nos fai reais.
a mirada do interior,
co recordo exento de termos
e portador dunha eminente sinceridade.

a nosa sinxeleza define os trazos da non-vontade
do acorde chamado fraxilidade.

*

sentir é o que nos fai precisar.
precisar é o que nos fai antónimos da independencia.

da independencia do que non son.
do que non serás.
do que sentimos-precisamos-queremos
imaxinar. 

só unha vez.



pro-nometizaxe


gusto de vivir na gramática dos sentimentos,
sostendo a fugacidade nas mans. 


eu,
inconformista.
pirómana. 
politicamente incorrecta. 
vertixe aos pés na terra. 
caotismo neutral. 


gardo nunha caixa de papel a evolución, 
35g de naftalina e recortes dos xornais do 94. 

conservo palabras en formol. 
e conservo a súa fodida esencia; 
a del. 

o blues soa a morte
na insurreción.


6.10.11

erro 404


afán da túa hipocresía.
ollos de vidro.
non - di nai.
o inferno é quente de máis,
por iso o diagnóstico médico.
o consumo deriva no 75%.
droga.
non - di nai.
dexeneración da xeración.
non o entendes.
des- de -control.
non - di nai.
lidiar co cheiro a merda da ética moral.
finxir diante do espello
para semellar ser túa.
non - di nai.
ser o que non son.
non ser o que son.
saudar sorrindo.
non - di nai.
pecharse recíprocamente
no abismo da post-inocencia gráfica.
incrementar a ira.
non - di nai.

non
dígolle eu
á impotencia.