Produciuse un erro neste gadget

6.10.11

erro 404

afán da túa hipocresía. ollos de vidro.
- non - dí mamá.

o inferno é quente de máis,  por iso o do diagnóstico médico. o consumo deriva no 75%; droga.
-non - dí mamá.

dexeneración da xeración. non o entendes. o des- de -control.
- non - dí mamá.

lidiar co cheiro a merda da ética moral. finxir diante do espello. para semellar ser túa.
- non - dí mamá.

ser o que non son; non ser o que si son. saudar s-o-r-r-i-n-d-o.
- non - dí mamá.

pecharse recíprocamente no abismo da post-inocencia gráfica.
- non - dí mamá.

incrementar a ira.
- non - dí mamá.




- non - dígolle eu


á impotencia.





Ningún comentario:

Publicar un comentario