24.12.12

451º


se despidió de ella llorando

y diciéndole adiós, pequeño capullo.
me senté a mi mesa solo
y estuve pensando hasta que supe cual era aquel nombre fatal
y cómo el capullo se había marchitado antes de florecer. Fahrenheit 451.

*

os sentimentos tamén arden
na escala Fahrenheit.






22.12.12

álxidos


di que son parte dalgún tipo de pornografía.

verbo da erótica,
viste e move con recato
posto que de espirse sería
sentir-me,
acción oposta ao pudor
que ten
rotundo o carácter do obsceno.

son combustión bébeda de tanto;
de todas e cada unha das grafías inflamables co tacto,
de tan só como sinto saber que ardo,
bebendo do aire nú,
intermediario da propia queima orgánica.

mais ardemos escritos e,
así,
lumes da paixón propia,
cinzas do alleo.