Produciuse un erro neste gadget

29.3.13

28.3.13

escrita demagóxica

principio de acción subsidiario da paz resulta selo a guerra, 
dádiva en comuñón coa sutileza da vida. 

satisfeitos, 
erguemos o puño sempre que o imperativo prende a chama da coraxe ó tempo que entebrece a carraxe insurrecta. 

mais covarde é a submisión 
ó tempo que no baleiro existencial da loita química o explosivo é agrupación oblicua 
da colisión,
da cohesión
de cando berramos 'avante, utopía procesada!' porque a vitoria existencial xa fai que, 
a perder a vida, 
morreu. 

que a mataron. 
que a matamos. 
que a estamos matando coa pólvora dos sicarios,

agora que só nos resta ser déspotas da inocencia. 

que se dous e dous xamais foron catro na aritmética artilleira 

tampouco o serán 
agora que só nos resta sumar napalm.

25.3.13

despois trunfar

primeiro ser

e por non ser, idealizar 
(e trunfar)

mentres é doado crer na insurrección,
tan ferida na verdade do real;
cando o mirar representa o desengano dun mesmo.

dime, eu, 
ti que ouves do sentir
e do ser que ver
(e do trunfar)

que do ser,
perder, morrer, 

querer.

primeiro ser, 
querer;
despois trunfar,
idealizar.