Produciuse un erro neste gadget

16.7.13

peza a peza

ás veces,
é obriga reintegrarse nun mesmo.
ser cohesión dos anacos que nos restan;
heteroxéneo crebado mais incondicional do todo.
recollerse
peza a peza.


está ben.
a vida non será perfecta,

senón vivida.











8.7.13

apoplexía póstuma

non non-querer, senón querer-non-querer.

aí, mestría do idealismo;
apoloxía do engano a un mesmo.

manifestas,
materialismo substituto na terra
do que Karl lles dixo.

prometíanos realidade fundamental.
prometíanos ácratas
do incondicional.

agora, polisón da falacia en que navega.
da terra, convicto materialismo categórico.