21.4.13

tautoloxía


froito do real,

animal,
vasala da fauna ácrata no denigrante da vida,

soñas,

andrómena miña,

en base á inxuria ficticia eufemística.
subversiva.

xa que silandeiro,
o silencio que, por soterrar as follas das intencións
establecidas,

se transcribe náufrago no curso da vida
volta regueiro insostible do cantar orfo, ausente da verba presente
no reclamo pagán. 

anverso e reverso do orballo mendigo.
vendido.
ronsel vendido por subversor.
por subversor e vasalo do canto do contar dos cantos.


6.4.13

transitivándome


do reverso da existencia, 
reinvención.
que para espurias do tempo xa están as horas.

as mortas.
as mortas na ética do verso hexemónico.