26.11.11

desviación óptica


non saber
véxase gusto pola indiferencia
da sensación do inútil como reacción que nos leva á realidade
baixo a prepotencia do tempo

que define hologramas
que constitúen a vida
que se esgota
na propia fundación;

onde serei eu quen se manteña en standby.

*

algún día recoñecerei por causa os vidros,
que estaban húmidos e mollaban a lente.


21.11.11

toda


and if I was pure, you know I would
and if I was yours, but I'm not. Arcade Fire.

*

comecemos
por decatarnos de que a choiva molla
e por cederche o último valse
na fotografía do álbum.

ti tes os ollos.
eu, a preguiza do gato.

agora é teu.
todo o que existe.


6.11.11

a vida como complemento indirecto


e logo
disque lle doia a cabeza
e foise deitar.
nunca espertou.

*

sempre me pareceu ridículo
iso de ver os cemiterios fermosos 
unha soa vez no ano.


mellor
ser produto
da combustión propia.



4.11.11

temporal



odio cuando te vas llevándome
y yo me quedo.


*


outono que sabe a ti,
coa harmónica oxidada de tanta choiva
ou de tanto vento que fixo dos soños unha realidade
coma a que,
nos nosos días,
significan as cores molladas das follas que
caen

en novembro.


1.11.11

atmosfera


gústanme os luns cando son hipócritas.
porque chove
e podo comer galletas
e poñer o xersei azul.

porque podo pensar cos pés
se a mente non camiña.

*

sobredose de osíxeno,
mellor deixar de respirar un tempo.