Produciuse un erro neste gadget

30.5.13

ola

non sempre das bágoas esvara auga. ás veces,
mesmo cae a esperanza.


e ás veces, só ás veces,
non me atrevo a ler o que as miñas grafías escriben
por medo a que falen.

a que me falen
e o fagan de verdade.


a auga molla. a terra tapa. a ausencia énchese.
xa sexa tarde ou cedo,

ola ou adeus.



12.5.13

de cando sexamos dignos

de cando a razón é simple e ficción
e, por ficción, tamén o todo inscrito na ambigüidade.
de cando a negación individual fai da potestade afirmación;

do que vén, que vai.  

de cando me prometan ácrata.
de cando sexamos a negación que suple o civil da afirmación da dependencia da supremacía desigual no antagonismo da guerra.
de cando sexamos vicarios da máxima expresión de nós mesmos.
de cando sexamos
dignos de selo;
mesmos. 

dignos do que vén, 
que vai.

profetas.