pechar os ollos.
intentar ser paciente será a fórmula para facer das bágoas esperanza.
mundo,
escala cromática
e melancolía afíns
fronte a non-carencia do mañá.
coma Dublín,
no pasado da nosa música.
prevalece a unión da mesma,
ambos semellamos atopar o motivo
dunha escusa máis ca necesaria
para a nova liña que nos define.
xuntos.
separados.
sentimento de escepticismo que nos dá nome.
que se...?
*
é a posibilidade da renuncia o que nos fai reais.
a mirada do interior,
co recordo exento de termos
e portador dunha eminente sinceridade.
a nosa sinxeleza define os trazos da non-vontade
do acorde chamado fraxilidade.
*
sentir é o que nos fai precisar.
precisar é o que nos fai antónimos da independencia.
da independencia do que non son.
do que non serás.
do que sentimos-precisamos-queremos
imaxinar.
só unha vez.