31.8.12

melalcóholica


recorrencia verbal
por exceso de silencios
nas palabras
que falas para encher o calado
cando eu non sei o que digo.
(será do imposto, que fai de ricos o consumo de tempo e termos)
e sempre,
sempre a ausencia de guión
nos diálogos, 
que encho ausente,
tamén,
por non perderme
(que o billete non o paguei eu, non, que o mercaches no camiño)
cando os soños son caros de máis para adquisición común.

coma o de ser díptero,

que se reflicte insípido nas sopas de letras
onde é obriga escribir ortográfico para voar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario