principio de acción subsidiario da paz resulta selo a guerra,
dádiva en comuñón coa sutileza da
vida.
satisfeitos,
erguemos o puño sempre que o imperativo
prende a chama da coraxe
ao tempo que entebrece a carraxe insurrecta.
ao tempo que entebrece a carraxe insurrecta.
mais covarde é a submisión
ao tempo que,
no baleiro existencial da loita química,
o explosivo é agrupación oblicua
no baleiro existencial da loita química,
o explosivo é agrupación oblicua
da colisión,
da cohesión
de cando berramos
avante, utopía procesada!
porque a vitoria existencial xa fai que,
avante, utopía procesada!
porque a vitoria existencial xa fai que,
a perder a vida,
morreu.
que a mataron.
que a matamos.
que a estamos matando coa pólvora dos sicarios,
agora que só nos resta ser déspotas da
inocencia.
que se dous e dous xamais foron catro
na aritmética artilleira
tampouco o serán
agora que só nos resta sumar
napalm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario