Produciuse un erro neste gadget

21.11.12

inconformista

e fai plans para cambiar o mundo
namentres é este quen a muda;
nena, paraíso inhabitado
sen coñecemento previo do que foi.

a ficción ten dela o que rexeita en termos do real.
porque a verdade atópase na alma,
no agoiro dos bosquexos que sostén, tan vítima
da ilusión
do que non é;
do que non será;
do que quere imaxinar.

ela, tan controversia da súa existencia.
tan nena.


Ningún comentario:

Publicar un comentario