Produciuse un erro neste gadget

24.7.11

monólogo aos old-red-white-and-blue.

ou ao tócaa outra vez, Sam. 

un lugar onde o eu 
ten por significado protección 
ou mesmo autoridade 
(a dun modo anárquico sen lei ou lexislación infinda).

un lugar onde o eloxio 
é o da lentitude da imprecisión 
e pretensión da profundidade.

un lugar onde o tacto 
é dono das unllas.

un lugar onde o mirar 
induce á restauración-revolución-evolución 

un lugar onde o ti e o eu 
veñen dados pola submisión das palabras. 

un lugar onde ninguén 
é dono do baleiro cheo do cheiro a Earl
(o mesmo Earl Grey dos fotogramas).

[xeme]

un lugar onde o quérote 
é tan só recendo a violet carson.

por ti, 
por min, 
por el, 

por todos 
os que fomos merecedores 
dunha obra mestra chamada caixa de Pandora, 

xúrame que te manterás iñorante 
nos vidros da esencia allea                                                                                                
                                                               e serei
feliz.



grazas, mundo.


[pecha o telón cunha lixeira brisa de alcol 96º]



Ningún comentario:

Publicar un comentario