mágoa que o xeo da bebida se evapore.
e quen son eu para deter os telépatas?
*
ata a choiva
optou por ser Jack Daniel's Tennessee Whiskey
cando a traxedia vén cantada por Shakespeare
de xeito universal.
que foi diso da ética moral
que viña de balde cos 70cl?
deixemos que chova
e bebamos da auga para sermos
dandy sen gabán impermeable.
bebamos todos
da choiva etílica.
Poucos son aqueles que teñen cans mollados embaixo dos soportais. Que recollan a choiva cos seus dedos de tarántula.
ResponderEliminar