20.5.12

suicidio


padre nuestro 
que estás en los hoteles de paso, 
en las ojeras, 
en las sábanas 
y en los vasos.


son las 6 y nunca de la mañana. Joaquín Sabina.


15.5.12

hiroshima


perfidia de chumbo
e tinta azul sobre a pel
que eramos nós mesmos,

perfectivos na indeterminación do onírico
e da vacilación versada na variación.

*

we must learn to fall before we learn to fly.

así,
da gravidade bélica ao etéreo.


31.3.12

acróbata


todo hombre sea pronto para oír,
tardo para hablar,
tardo para airarse.
porque la ira del hombre no obra la justicia de Dios. Santiago 1:19, 20.

*

vivir no aire ata que un día muda a corda.
e a cordura,
que esvara no arame descontinuo do chan.

e eu corro e tento destilar unha vez máis, 
previa á caída, 
o let it be da música coa que me agasallaches a vida.

e ti tornas os brazos tensos, 
sostendo o descontinuo do min acróbata
no chan,
onde a cordura é frouxa,
coma a corda que un día muda.

today is gonna be a beautiful day
ou iso din.

*

unha mágoa 
o da xustiza.
e que deus non sexa taumaturga.





22.2.12

circunvalación


rogo suicidio asistido.
reclamo xustificante da ausencia física
na dor da existencia.

solicito prospecto da efervescencia,
por ver das contradicións metódicas
e dos efectos da crise identitiva da vida.

112 emerxencias.




28.12.11

fauna


el payaso no soy yo, 
sino esta sociedad monstruosamente cínica 
y tan puerilmente inconsciente
que juega al juego de la seriedad 
para disimular su locura. Salvador Dalí.