todo hombre sea pronto para oír,
tardo para hablar,
tardo para airarse.
porque la ira del hombre no obra la justicia de Dios. Santiago 1:19, 20.
*
vivir no aire ata que un día muda a corda.
e a cordura,
que esvara no arame descontinuo do chan.
e eu corro e tento destilar unha vez máis,
previa á caída,
o let it be da música coa que me agasallaches a vida.
e ti tornas os brazos tensos,
sostendo o descontinuo do min acróbata
no chan,
onde a cordura é frouxa,
coma a corda que un día muda.
today is gonna be a beautiful day.
ou iso din.
*
unha mágoa
o da xustiza.
e que deus non sexa taumaturga.