29.7.11

en órbita


a Marte
e aos demais verbos irregulares.

*

igual non hai significado contiguo a un significante.
poida que todas as normas existentes
non concorden co respectivo adexectivo
na gramática dos sentimentos.

beberte
sorbo
a
sorbo
non
concorda.

o universo torna universal
co pracer de soster a fugacidade entre as mans.

definimos dun trazo a insurrección
por non poder pintar un mural
coas cores do arco da vella.

falamos da vertixe ao chan da habitación contigua
e de facer o que non se fai.



24.7.11

baixa o telón


un lugar onde
o eu
ten por significado protección 
ou mesmo autoridade 
a dun modo anárquico sen lei ou lexislación infinda.
un lugar onde
o eloxio
é o da lentitude da imprecisión 
e pretensión da profundidade.

un lugar onde
o tacto
é dono das unllas.

un lugar onde
o mirar
induce á restauración-revolución-evolución. 

un lugar onde
o ti e o eu 
veñen dados pola submisión das palabras. 

un lugar onde
ninguén 
é dono do baleiro cheo do cheiro a Earl
o mesmo Earl Grey dos fotogramas.
un lugar onde
o quérote 
é tan só recendo a violet carson.

por ti, 
por min, 
por el, 

por todos 
os que fomos merecedores 
da caixa de Pandora, 

xúrame que te manterás iñorante 
nos vidros da esencia allea,                                                                                         
e serei
feliz.


13.7.11

sorpresa


you tell me that silence
is nearer to peace than poems
but if for my gift
I brought you silence
for I know silence
you would say
this is not silence
this is another poem

and you would hand it back to me.
 Leonard Cohen.



5.7.11

menú do día


da vil inocencia
e da vacua metamorfose de Houdini.

flexibilidade moral.
versátil escapismo.
impetuosidade escéptica e superficialidade apática.
de beber,
recendo a violet carson
s'il vous plaît.

*

os artistas menten para dicir a verdade.
queres saber que é o ceo vermello?
un vello pretérito aristócrata.

dixo o barman.


27.6.11

os oito erros


L U M E

*

tan só vexo un.

por iso prefiro os
sudoku, 
encrucillado ou 
sopa de letras no xornal.

xoguemos 
ao aforcado.

H _ M E

eu digo o O.


13.6.11

adeus elegancia


mágoa que o xeo da bebida se evapore.
e quen son eu para deter os telépatas?

*

ata a choiva
optou por ser Jack Daniel's Tennessee Whiskey
cando a traxedia vén cantada por Shakespeare
de xeito universal.

que foi diso da ética moral
que viña de balde cos 70cl?

deixemos que chova
e bebamos da auga para sermos
dandy sen gabán impermeable.

bebamos todos
da choiva etílica.


16.5.11

dato irrefutable: Hegel dicíao para gustar


é

por non haber en existencia nada trivial
polo que conservo
pequenas doses de vapor de auga.

para
soprar
facendo
burbullas
coa musicalidade
das túas grafías e ver
como estas voan
á vez que os sons do ar
as impulsan ata os límites
do infindo.

e é
que,

con todas as túas verbas,
creo gramáticas de
palabras 'solipsistas'
que choran

choiva núa.



21.4.11

en decadencia


oh,
so it's back to pretending
we're human again?

*

daquela
tentarás liberarme
das dagas da insensibilidade
a través dun abismo
de abstinencia?

eu só pregunto.



20.4.11

arduo


coido
que optaches por te converter
nun deses lepidópteros radioactivos
afogados en zume de laranxa.

*

din que chove,
mais só vexo auga
derreténdose en po,

camiño da discordia.