29.7.11

en órbita


a Marte
e aos demais verbos irregulares.

*

igual non hai significado contiguo a un significante.
poida que todas as normas existentes
non concorden co respectivo adexectivo
na gramática dos sentimentos.

beberte
sorbo
a
sorbo
non
concorda.

o universo torna universal
co pracer de soster a fugacidade entre as mans.

definimos dun trazo a insurrección
por non poder pintar un mural
coas cores do arco da vella.

falamos da vertixe ao chan da habitación contigua
e de facer o que non se fai.



Ningún comentario:

Publicar un comentario