6.10.11

erro 404


afán da túa hipocresía.
ollos de vidro.
non - di nai.
o inferno é quente de máis,
por iso o diagnóstico médico.
o consumo deriva no 75%.
droga.
non - di nai.
dexeneración da xeración.
non o entendes.
des- de -control.
non - di nai.
lidiar co cheiro a merda da ética moral.
finxir diante do espello
para semellar ser túa.
non - di nai.
ser o que non son.
non ser o que son.
saudar sorrindo.
non - di nai.
pecharse recíprocamente
no abismo da post-inocencia gráfica.
incrementar a ira.
non - di nai.

non
dígolle eu
á impotencia.



30.9.11

27º


the best thing for that fish
would be if he could just drive
steadily forever.
Me and you and everyone we know.

*

os contrastes son etéreos,
no seu defecto.


neón desapare,
evapórase na auga.
betta devora a alfa
e o demais é criticado polo abc.

as plantas murchan por 100ml de fosfato
e as vibracións irrompen contra a xanela outra vez.

fica con ollos de in-solvencia mentres verten
o pirmeiro litro de naftalina.

líquida morte por 4'99.

auga
quente - fría.

30 minutos para que o peixe afoge.



10.9.11

pirómana


in war, unlike chess,
rules can be changed.
truces can be called.
the greatest of enemies 
can become the best of friends.
in war there is hope. The Sarah Connor Chronicles.

*

quererte.
odiarte.
nunca os antónimos resultaron ser tan sinónimos.

os fotogramas non arden,


consúmense cada vez que tiramos unha fotografía.
coma o flash
que quebra en pequenos recordos.
relevar.
irrelevar.


revelar ou gardar nunha caixa de cobre.


a inercia pode chegar a ser artificial.
coma os fotogramas.
onde a ironía queda omisa tras o sorriso.
ese que detesto co termo antónimo.


3.9.11

son(s)


Bach era un sentimentalista.

contoumo un día de choiva,
deses nos que xea o sol e fai vento con nubes.

mágoa que dera en chover nas nubes do café
e agora o vento se evaporase.
coma a choiva,
que emite radiacións
e molla.

- dedícate a mollar palabras, coma min.
dicíame.

*

nin el nin eu somos quen de dicilo todo nun silencio
nin de silencialo todo nunha palabra.
coma Bach.

mollóusenos a choiva, máis nada.
a el coa música.
a min coas palabras.

*

son(s) silencio.
saber o que sei
antes de non sabelo xamais.



29.7.11

en órbita


a Marte
e aos demais verbos irregulares.

*

igual non hai significado contiguo a un significante.
poida que todas as normas existentes
non concorden co respectivo adexectivo
na gramática dos sentimentos.

beberte
sorbo
a
sorbo
non
concorda.

o universo torna universal
co pracer de soster a fugacidade entre as mans.

definimos dun trazo a insurrección
por non poder pintar un mural
coas cores do arco da vella.

falamos da vertixe ao chan da habitación contigua
e de facer o que non se fai.



24.7.11

baixa o telón


un lugar onde
o eu
ten por significado protección 
ou mesmo autoridade 
a dun modo anárquico sen lei ou lexislación infinda.
un lugar onde
o eloxio
é o da lentitude da imprecisión 
e pretensión da profundidade.

un lugar onde
o tacto
é dono das unllas.

un lugar onde
o mirar
induce á restauración-revolución-evolución. 

un lugar onde
o ti e o eu 
veñen dados pola submisión das palabras. 

un lugar onde
ninguén 
é dono do baleiro cheo do cheiro a Earl
o mesmo Earl Grey dos fotogramas.
un lugar onde
o quérote 
é tan só recendo a violet carson.

por ti, 
por min, 
por el, 

por todos 
os que fomos merecedores 
da caixa de Pandora, 

xúrame que te manterás iñorante 
nos vidros da esencia allea,                                                                                         
e serei
feliz.


13.7.11

sorpresa


you tell me that silence
is nearer to peace than poems
but if for my gift
I brought you silence
for I know silence
you would say
this is not silence
this is another poem

and you would hand it back to me.
 Leonard Cohen.



5.7.11

menú do día


da vil inocencia
e da vacua metamorfose de Houdini.

flexibilidade moral.
versátil escapismo.
impetuosidade escéptica e superficialidade apática.
de beber,
recendo a violet carson
s'il vous plaît.

*

os artistas menten para dicir a verdade.
queres saber que é o ceo vermello?
un vello pretérito aristócrata.

dixo o barman.


27.6.11

os oito erros


L U M E

*

tan só vexo un.

por iso prefiro os
sudoku, 
encrucillado ou 
sopa de letras no xornal.

xoguemos 
ao aforcado.

H _ M E

eu digo o O.


13.6.11

adeus elegancia


mágoa que o xeo da bebida se evapore.
e quen son eu para deter os telépatas?

*

ata a choiva
optou por ser Jack Daniel's Tennessee Whiskey
cando a traxedia vén cantada por Shakespeare
de xeito universal.

que foi diso da ética moral
que viña de balde cos 70cl?

deixemos que chova
e bebamos da auga para sermos
dandy sen gabán impermeable.

bebamos todos
da choiva etílica.