17.8.14
cartografías
fala
e procúrame entre a esquizofrenia e
a sanación esotérica.
alí onde todo confunde tanto
como o fai o propio xuízo.
fala
e vérsame no silencio da derme
co trazo que limita a imaxe da ausencia
no mapa.
debuxa
os pasos que sigo no sulco do explícito
e bícame cada vez que volvas
para lembrarme que marchas.
*
cando nos saben por dentro,
tocar é o único que permite manter o tacto.
da palabra.
na lingua.
8.11.13
post mortem
Ela nunca soubera do ser nin do etérea que resulta a realidade inscrita nun taboleiro de xadrez, independentemente de quen mova peón. Así, o reflexo del era o que a ollaba agora dende o vidro, namentres ela agardaba a chegada do vórtice da existencia.
Da propia. Que a allea xa facía horas que caera.
El nunca soubera da capacidade de determinación dela sostendo un coitelo na man. A el nunca lle pertenceran nin o nome nin, moito menos, a súa integridade como muller. Fora por iso polo que a carraxe tornara xénese da razón que a impulsou á acción, polo que o corpo del -e non o dela- ficaba frío no chan. Sorrindo.
Que para el sempre foran risas os laios alleos, mesmo no momento en que expirou tendido. Consciente, na morte, da vitoria final. Porque aínda que non conseguira suprimila en vida, non ignorou que o faría post mortem.
Que para el sempre foran risas os laios alleos, mesmo no momento en que expirou tendido. Consciente, na morte, da vitoria final. Porque aínda que non conseguira suprimila en vida, non ignorou que o faría post mortem.
O baleiro non era o suficientemente grande. Nin para soster o peso do fío inserido no peito del dentro da conciencia dela, nin para calar a gargallada coa que el sempre a borraba. Coa que el sempre a fundía cada vez que botaba por terra os anhelos da ledicia de ser vítima da inocencia. Única ignorancia útil. El sempre mollaba os papeis, rompendo coa humidade as verdades escritas nas que se vía nena. Por iso, cíclica, a ela sempre lle era obriga reintegrarse en si mesma. Recollerse peza a peza.
Como así outras veces, hoxe tamén sería complicado de máis volver ser cohesión dos anacos que lle restaban. Malia a sorte del non ter sido outra que a de pagar polo tempo que a estivera matando, a dela tampouco distaba desa. "O monstro morre, a auga molla, a terra tapa e a ausencia énchese", repetíase dunha e outra volta coa man esquerda tinxida en sangue. Ela sabíao antes de que chegara o furgón policial. Sabía que o ingrávido das reixas só lle afecta a uns poucos.
Aos que a xustiza mira e non ve.
17.8.13
absoluto
nada hay absoluto,
todo se cambia,
todo se mueve,
todo revoluciona,
todo vuela y se va. Frida Kahlo.
*
a Kahlo non lle faltaba razón.
mais o revolucionado,
unha vez ido,
tamén coñece do retorno.
que mo dixo a min o cambio.
16.7.13
peza a peza
ás veces,
é obriga reintegrarse nun mesmo.
ser cohesión dos anacos que nos restan;
heteroxéneo crebado mais incondicional do todo.
recollerse
peza a peza.
*
está ben.
a vida non será perfecta,
senón vivida.
8.7.13
apoplexía póstuma
non non-querer,
senón querer-non-querer.
aí, mestría do idealismo;
apoloxía do engano a un mesmo.
manifestas,
materialismo substituto na terra
do que Karl lles dixo.
*
prometíanos realidade fundamental.
prometíanos ácratas
do incondicional.
agora,
polisón da falacia en que navega.
da terra,
convicto materialismo categórico.
25.6.13
fillos da grande discordia
non ver.
recursos humanos.
ser eixo do uniforme
a ritmo de valse
por complexo a tres tempos.
arouxo tocar.
un, dous, tres.
un, dous, tres.
usurpar, ser, inmaterial.
pedir que mirar mais que non ver.
difícil mirar sen ver.
sen ver
as horas que destilar por ver e ter que mirar.
sen ver
as horas que destilar por ver e ter que mirar.
incriminar,
tal que do capital o vidro do mirar que,
por ver,
por ver,
non tocar.
30.5.13
ola
non sempre das bágoas esvara auga.
ás veces,
mesmo cae a
esperanza.
e ás veces,
só ás veces,
só ás veces,
non me atrevo
a ler o que as miñas grafías escriben
por medo a que
falen.
a que me falen
e o fagan de
verdade.
*
a auga molla.
a terra tapa.
a ausencia énchese.
a terra tapa.
a ausencia énchese.
xa sexa tarde
ou cedo,
ola ou adeus.
12.5.13
de cando sexamos
de cando a razón é simple e ficción
e, por ficción,
tamén o todo inscrito na ambigüidade.
tamén o todo inscrito na ambigüidade.
de cando a negación individual fai da potestade
afirmación;
do que vén,
que vai.
de cando me prometan ácrata.
de cando sexamos a negación
que suple o civil da afirmación da dependencia
da supremacía desigual no antagonismo da guerra.
que suple o civil da afirmación da dependencia
da supremacía desigual no antagonismo da guerra.
de cando sexamos vicarios da máxima expresión de
nós mesmos.
de cando sexamos
de cando sexamos
dignos de selo;
mesmos.
dignos do que vén,
que vai.
profetas.
10.5.13
11.4.13
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)