27.6.12

identificación forense


aminoácidos
dilatadores da dor.
o químico nunca fora
primacía académica.

ida e volta
de non retorno
na letra T da nosa underwood.

sobre nós
hai pouco editado.


23.6.12

prospecto


siga usted pensando, 
esto es solo un control rutinario de manipulación. El Roto.

*

ética que encolle,
virtude da auga.

por lavar á man.


14.6.12

dogma


morre lentamente

quem não arrisca o certo pelo incerto atrás de um sonho,
quem não se permite,
uma vez na vida,
fugir dos conselhos sensatos.


já que não podemos evitar um final repentino,

que ao menos evitemos a morte em suaves prestações,
lembrando sempre que
estar vivo exige um esforço bem maior
do que simplesmente respirar. Martha Medeiros.


30.5.12

covardes


o verdadeiro
é suposto redundante
no termo co que ousas definir o tacto,

carente de dita asociación inútil co seu significado.

redundancia e pusilánime,
collidos da man
da ausencia da molestia de selo.

onde ficou
o asolagamento da verosimilitude?


20.5.12

suicidio


padre nuestro 
que estás en los hoteles de paso, 
en las ojeras, 
en las sábanas 
y en los vasos.


son las 6 y nunca de la mañana. Joaquín Sabina.


15.5.12

hiroshima


perfidia de chumbo
e tinta azul sobre a pel
que eramos nós mesmos,

perfectivos na indeterminación do onírico
e da vacilación versada na variación.

*

we must learn to fall before we learn to fly.

así,
da gravidade bélica ao etéreo.


31.3.12

acróbata


todo hombre sea pronto para oír,
tardo para hablar,
tardo para airarse.
porque la ira del hombre no obra la justicia de Dios. Santiago 1:19, 20.

*

vivir no aire ata que un día muda a corda.
e a cordura,
que esvara no arame descontinuo do chan.

e eu corro e tento destilar unha vez máis, 
previa á caída, 
o let it be da música coa que me agasallaches a vida.

e ti tornas os brazos tensos, 
sostendo o descontinuo do min acróbata
no chan,
onde a cordura é frouxa,
coma a corda que un día muda.

today is gonna be a beautiful day
ou iso din.

*

unha mágoa 
o da xustiza.
e que deus non sexa taumaturga.





22.2.12

circunvalación


rogo suicidio asistido.
reclamo xustificante da ausencia física
na dor da existencia.

solicito prospecto da efervescencia,
por ver das contradicións metódicas
e dos efectos da crise identitiva da vida.

112 emerxencias.