27.6.11

os oito erros


L U M E

*

tan só vexo un.

por iso prefiro os
sudoku, 
encrucillado ou 
sopa de letras no xornal.

xoguemos 
ao aforcado.

H _ M E

eu digo o O.


13.6.11

adeus elegancia


mágoa que o xeo da bebida se evapore.
e quen son eu para deter os telépatas?

*

ata a choiva
optou por ser Jack Daniel's Tennessee Whiskey
cando a traxedia vén cantada por Shakespeare
de xeito universal.

que foi diso da ética moral
que viña de balde cos 70cl?

deixemos que chova
e bebamos da auga para sermos
dandy sen gabán impermeable.

bebamos todos
da choiva etílica.


16.5.11

dato irrefutable: Hegel dicíao para gustar


é

por non haber en existencia nada trivial
polo que conservo
pequenas doses de vapor de auga.

para
soprar
facendo
burbullas
coa musicalidade
das túas grafías e ver
como estas voan
á vez que os sons do ar
as impulsan ata os límites
do infindo.

e é
que,

con todas as túas verbas,
creo gramáticas de
palabras 'solipsistas'
que choran

choiva núa.



21.4.11

en decadencia


oh,
so it's back to pretending
we're human again?

*

daquela
tentarás liberarme
das dagas da insensibilidade
a través dun abismo
de abstinencia?

eu só pregunto.



20.4.11

arduo


coido
que optaches por te converter
nun deses lepidópteros radioactivos
afogados en zume de laranxa.

*

din que chove,
mais só vexo auga
derreténdose en po,

camiño da discordia.