28.10.12
27.10.12
desidia
that was then, but then is gone
e agora prima
a desidia en termos de afecto;
a desidia en termos de ti,
porque
dar conta da integridade é complicado cando se vende compromiso.
*
would it be much better if I knew nothing about you
agora que prima
o anhelo do pernicioso;
o anhelo
en termos de desidia.
13.10.12
chamamento non-apócrifo
drogadicción
na integración
da interrogación,
tan fría en contido,
daquel obermensch,
descendente
incandescente,
que prega alto
- literalidade, Ockham!
aló no fondo
da eminencia
do silencio,
tan apócrifo,
onde ninguén escoita e todo resulta sinxelo de máis para o gusto da vida.
12.10.12
22.9.12
adeus, setembro
there's a calling
to everyone who lost something
and who had to dream awake. The Frames.
*
agora xa podo berrar no coche
sen copiloto.
3.9.12
paxaro
just what you want to be
you will be in the end. Moody Blues.
*
ás veces son eu.
ás veces son.
ás veces,
ás
e voar.
31.8.12
melalcóholica
recorrencia verbal
por exceso de silencios
nas palabras
que falas para encher o calado
cando eu non sei o que digo.
(será do imposto, que fai de ricos o consumo de tempo e termos)
e sempre,
sempre a ausencia de guión
nos diálogos,
que encho ausente,
tamén,
por non perderme
tamén,
por non perderme
(que o billete non o paguei eu, non, que o mercaches no camiño)cando os soños son caros de máis para adquisición común.
coma o de ser díptero,
que se reflicte insípido nas sopas de letras
onde é obriga escribir ortográfico para voar.
29.8.12
unha canción
and you'll be just a man
once I used to know.
and for these past few days
someone I don't recognize.
this isn't all my fault
when will you realize.
looking at you leaving,
I'm looking for a sign. Markéta Irglová.
3.8.12
1.8.12
mutilación
I see a storm bubbling up from the sea
and it's coming closer. Kings of Leon.
*
mentres eu milito
e corro ao tempo abatido que perdo,
closer;
pola preguiza que anula
e fai do taboleiro esvaecerse a pezas brancas,
and it's coming closer,
esas coas que acostumaba moverme
avanzando, inocente.
daquela,
closer
da inocencia,
única ignorancia
útil
na turbación bélica.
closer
por xogar á guerra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

