21.4.13

tautoloxía


froito do real,

animal,
vasala da fauna ácrata no denigrante da vida,

soñas,

andrómena miña,

en base á inxuria ficticia eufemística.
subversiva.

xa que silandeiro,
o silencio que, por soterrar as follas das intencións
establecidas,

se transcribe náufrago no curso da vida
volta regueiro insostible do cantar orfo, ausente da verba presente
no reclamo pagán. 

anverso e reverso do orballo mendigo.
vendido.
ronsel vendido por subversor.
por subversor e vasalo do canto do contar dos cantos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario