8.10.11

asediate(me)


limitarse ao papel.
durmir o sono da mortandade.
da fidelidade.
coma Penélope sometida a Morfeo;
á presión co fin de voltar aos 60
xunto coas máquinas
de non escribir
con follas
exentas de paxinación.

ciencia da non fición;
realidade da maxia ocular tras o tinxir da luz.
persistencia do cronos.

*

a fugacidade non ousara interromper,
mais o monólogo achega a fin do acto XIX.

de seguido,
todo
muda

o lugar de ficar quedo.
coma min

fancendo teatro. libre.


Ningún comentario:

Publicar un comentario