21.4.11

vínculo estelar, que dirías ti


aínda conservo a musicalité 
dos caramelos de menta e eucalipto 
que envolvías con ilusión en papel esmeralda 
para mollalos logo
en azucre e sorrisos 
nesa tarde en que o mercurio derreterá por afán 
e na que,

ese vínculo coa realidade
estelar,

fará chover chocolate na beirarúa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario