23.4.11

ad libitum


neste silencio
un quebrado momento
con concorrentes sonfonías
que viven sen son exento.
tic, tac
cada susurro priva do absurdo baleiro
ao espazo infindo,
trocando intres no reino. 
tic, tac
sentimentos,
só simples confesións
de inocencia.
soños, sorrisos.
propio xogo de emocións.
tic, tac 
espírito subxectivo por murmurios condicionado.
derrétese a eternidade no doce refrán xeado. 
tic,
de súpeto
silencio,
rompen os reflexos na mente.            
tac.

preme de novo o máxico.
fai do real
algo inexistente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario