Produciuse un erro neste gadget

19.4.11

iniciación á (des)animación


inconfundíbel o seu cheiro a choiva; aquel que tinxe o papel pautado a base de badaladas de titanio. así, maldigo a persistencia retiniana que gustaches denominar 'efecto φ'.

por que os pensamentos con chocolate e tres grans de azucre son menos doces e algo máis amargos ca os Sugus cor púrpura? lémbraste dos barcos de papel que mamá ousara afogar nun vaso de auga?
     
agora parten en dous a súa consistencia por termos soñado cos cráteres da lúa, a cal cuadricularon as reixas dos teus iris. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario